25/1/10

COREOGRAFIA

O alumnado de 6º temos que facer una coreografía na clase de educación física, o profe nos dixo que tiñamos que facer grupos mixtos, cun máximo de 6 persoas.
O tema musical é libre.
Este traballo ten que presentarse na clase antes de que remate a 2ª avaliación
Aqui tes un enlace para ver unha coreo de FAMA

4/12/08

UNHA CANCIÓN EN FRANçAIS

UNHA RAPAZA DE 5º ENSINOUNOS ESTA CANCIÓN QUE APRENDEU EN PARIS (FRANCIA) CANDO ESTUDIABA NESE PAIS



UN, DEUX, TROIX

Un, deux, troix,
nous irons au bois,
quatre, cinq, six,
cueillir des cerises.
sept, huit, neuf
dans mon panier neuf
dix, onze, douze,
elles seront toutes rouges.

2/12/08

A MIN GUSTARÍAME VIVIR SEN MEDO


ESTA REDACCIÓN ATOPEINA ENTRE OUTRAS MOITAS....

FOI ESCRITA POR UNHA RAPAZA DO COLEXIO COMO DEBERES POLO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS...


A min gustaríame vivir sen medo de baixar á rúa sen que ninguén me mire con mala cara pola miña cor de pel, pola miña relixión ou porque proceda de Uruguai, eu quero só que me traten como o que son: unha nena, eso é o que todos os nenos queren.
Nos queremos ir ao colexio, ter o amor dunha familia, que nos curen anque só teñamos un pouco de gripe, que non teñamos que traballar por obrigación, que escoiten o que pensamos, ter un nome, comer cada día, non ser discriminados, nin maltratados.

Os nenos tamén temos dereitos igual que os maiores.

Pero o que mais odio é que te chamen "negra" ou "china"; por exemplo, aos meus irmáns todo o mundo os miraba mal. Cando querían facer amigos, a xente apartabaos dicíndolles que non se xuntasen con negros, por iso hoxe celebramos este día, para que os nenos non sexan discriminados nin maltratados.

15/11/08

O gato


Atopieno en Vigo

¿Será o do conto de María?....

13/11/08

BOTAMOS A ANDAR



Trátase de ter un caixón onde poñer todos "eses datos" que queremos lembrar... e usar