2/12/08

A MIN GUSTARÍAME VIVIR SEN MEDO


ESTA REDACCIÓN ATOPEINA ENTRE OUTRAS MOITAS....

FOI ESCRITA POR UNHA RAPAZA DO COLEXIO COMO DEBERES POLO DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS...


A min gustaríame vivir sen medo de baixar á rúa sen que ninguén me mire con mala cara pola miña cor de pel, pola miña relixión ou porque proceda de Uruguai, eu quero só que me traten como o que son: unha nena, eso é o que todos os nenos queren.
Nos queremos ir ao colexio, ter o amor dunha familia, que nos curen anque só teñamos un pouco de gripe, que non teñamos que traballar por obrigación, que escoiten o que pensamos, ter un nome, comer cada día, non ser discriminados, nin maltratados.

Os nenos tamén temos dereitos igual que os maiores.

Pero o que mais odio é que te chamen "negra" ou "china"; por exemplo, aos meus irmáns todo o mundo os miraba mal. Cando querían facer amigos, a xente apartabaos dicíndolles que non se xuntasen con negros, por iso hoxe celebramos este día, para que os nenos non sexan discriminados nin maltratados.

2 comentarios:

María Rodríguez dijo...

Pois a nena que escribiu este texto resumiu moi ben o que son o dereitos de todo as persoas e dos nenos e nenas especialmente.
Parabén e graciñas facernos pensar.
Agasállanos con máis textos, por favor.
Bicos
María

Mari Carmen dijo...

Noraboa por ese taballo tan bonito.
Que fermoso sería que se cumpliran os desexos desa rapaza!

Mari Carmen